Cata de viños e degustación de petiscos na presentación en Pontevedra do último libro de Xavier Castro

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Capotillo

O evento focalizarase «na consideración da gastronomía das avoas e a cultura do viño en referencia» a «Cociñeiras con talento. Mulleres e gastronomía en Galicia»

08 may 2024 . Actualizado a las 15:09 h.

Este mércores, a partires das 19 horas, a libraría Espazo Lector Nobel acollerá a presentación do último libro de Xavier Castro, Cociñeiras con talento. Mulleres e gastronomía en Galicia, da Editorial Transforma. Durante o evento,que se «focalizará na consideración da gastronomía das avoas e a cultura do viño en referencia» á publicación de de Xavier Castro, desenvolverase unha cata de viños e degustación de petiscos.

Ademais do propio autor, está prevista a participación de Ricardo Fernández Guerra, profesor do CIFP Carlos Oroza, Celia Bejo, comercial de Terra de Asorei e quen fara o comentario da cata dos viños desta adega, e Carlota Román, profesora de inglés e expresidenta do Ateneo de Potevedra.

De igual xeito, está previsto que Xavier Castro leve a cabo unha sinatura de libro nun evento aberto ao público ate completar aforo.

No que respecta á cata dos viños da adega Terra de Asorei, os participantes poderán degustar albariño sobre lías, albariño Nai, en homenaxe ás mulleres, escumoso e tinto espadeiro, cantado por Ramón Cabanillas. Serviranse tamén varios petiscos elaborados polo CIFP Carlos Oroza, «froito da experiencia do profesor Ricardo Fernández centrada na posta en valor de receitarios das avoas rescatados polos netos».