O presidente do Vilalonga pon a disposición dos socios o seu cargo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

FUTBOL GALLEGO

MARTINA MISER

Marcelo Muñiz informará previamente á asemblea do estado económico do club celeste tras encabezar a xestión que permitíu o seu regreso á Tercera Federación

15 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Marcelo Muñiz, o home que asumiu a difícil tarefa de coller o Vilalonga tras o seu último descenso de Terceira a Preferente e que hai unhas semanas celebraba o regreso do equipo celeste á categoría perdida seis anos atrás, porá este domingo o seu cargo de presidente a disposición dos socios da entidade nunha asemblea convocada para as doce no local do club. Antes de tratar o seu posible relevo, Muñiz informará do estado económico do Vilalonga.