O profesor británico John Rutherford, que imparte clases na Universidade de Oxford e que está moi vinculado a Ribadeo dende hai décadas, ingresará na Real Academia Galega o vindeiro 4 de outubro, nun acto que terá lugar na sede da Academia, na Coruña.
O profesor Rutherford está casado cunha ribadense e pasa longas tempadas nesta vila. El foi o creador e impulsor das xornadas Mar por Medio que aínda se seguen celebrando en Ribadeo e que este ano chegarán á súa edición número 16 e terán lugar do 17 ao 19 de outubro.
John Rutherford é ademáis un bó coñecedor da literatura galega e española.