Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«É unha satisfacción que che dean un premio»

MIGUEL ALBO VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

28 ene 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Antonte, mércores, dábase a coñecer o gañador do concurso de carteis da Semana Santa de Viveiro, certame da Xunta de Cofradías no que resultou elixido primeiro o traballo de Germán Paleo Navarro (Xunqueira-Viveiro, 1958) titulado Semana Santa de Viveiro... de cine, recibindo como corresponde ao primeiro premio 600 euros.

-Presentáronse 20 deseños a este concurso e según a portavoz da Xunta de Cofradías Maricarmen Chipe, todos de calidade. Imaxino que se mostrará contento porque o seu traballo se convirta o cartel da Semana Santa de Viveiro.

-Si, polo premio económico tamén, pero o principal é a satisfacción de ter acadado o premio. É a segunda vez que me presento a este certame. O primeiro ano foi cunha foto pequena, pero este ano fixen uns carteis ben preparados, pois para verse teñen que ser un pouco grandes.

-¿En que consiste o deseño que presentou este ano?

-Este ano é María ao pé da Cruz co fondo da igrexa de Santa María. Despois leva -pois tamén vai dirixido ao turismo-, unhas fotos de Viveiro cos sitios máis imporantes. Vai a Porta de Carlos V, o Calexón das Monxas, Valdeflores... e algún máis. Son fotografías que van montadas sobre un filme coma se fora unha cinta de cine de proxección. Abaixo leva outra cinta facendo unha bandeira e con seis imaxes de Virxes da Semana Santa de Viveiro. Facendo a bandeira, leva unha sombra coma se estivera apoiado nun cristal o filme.

-¿Cantos traballos presentou a esta convocatoria?

-Eu presentei catro deseños. O nivel do ano pasado foi bastante alto e vin os meus e os que había feitos, e todo o mundo presentaba traballos ben feitos. Este ano presentei catro que che levan o seu tempo. As fotos son todas miñas, valas mirando, tes que facer a montaxe, preparalas. Gústame a fotografía.