A homenaxe a Cunqueiro, no mercado de Mondoñedo

L. PRIETO MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

17 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O Centro Galego de Música Popular aCentral Folque continúa hoxe co ciclo Cunqueiro: Estación Mondoñedo, deseñado por ese colectivo para o Concello mindoniense co gallo do centenario do nacemento do literato. Na praza de abastos da cidade episcopal, hoxe pola mañán haberá un posto diferente, «donde a poesía, a palabra, o canto, estreitan a man con outros produtos básicos que se converten en complementarios», exprica Marina Oural Villapol referíndose a unha das «performances artísticas» que iniciaron en agosto e rematarán o vindeiro mes.

Marina Oural e Estíbaliz Espinosa coprotagonizan hoxe o que chama Mercado Poético Untares Galegos. Pensado coma outra homenaxe máis a Álvaro Cunqueiro, «figura universal da literatura galega», as dúas creadoras anuncian «un posto de poesía e alimento, de balde por un día». Dentro do ciclo Cunqueiro: Estación Mondoñedo quedan outras dúas citas. A primeira, o 19 de novembro, co concerto Cantigas de Amigo, con Paulina Ceremuzynska, no centro cultural de Alcántara. E a derradeira, o 22 de decembro, cando César Morán presentará, no auditorio mindoniense, o seu disco Haberá primavera.