O Rasoeiro da a campanada no feudo do Lavadores

La Voz

VIGO CIUDAD

13 nov 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

O Rasoeiro colleitou a pasada fin de semana unha inesperada victoria na cancha dun dos favoritos ao ascenso á Primeira Nacional, o Lavadores de Vigo. Os pupilos de Lao Santos sempre foron por diante no marcador, con entre dous e catro tantos de vantaxe, coa única excepción dos dez primeiros minutos da segunda parte. Un cambio defensivo de Santos a 6-0 coa fin de reservar forzas deulle nese intervalo a iniciativa ao Lavadores. O Rasoeiro é agora quinto na táboa.