Lao Santos debera ter hoxe unha boa ocasión de rotar o seu plantel e darlles minutos aos menos habituais. No Monte da Vila (18 horas) , o Rasoeiro recibe a visita dun Tirso Molina de Ferrol que a falta de cinco xornadas para a conclusión da Liga está virtualmente descendido con 7 escasos puntos no seu haber.
O técnico do Rasoeiro advertíu nembargante da necesidade de comezar o encontro moi concentrados, xa que o Tirso Molina «es un equipo bastante barrulleiro. Sobre todo en defensa. Si no entramos en su juego deberíamos ganar» sen demasiados problemas, explicou.
Carlos, con molestias, e Omar, por cuestión persoais, son baixa nas filas do conxunto grovense, que ante o colista agarda sumar a decimoterceira victoria da tempada e reforzar así a súa cuarta praza na táboa.