Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Agnus Dei recibe a un asequible Guardés, e o Rasoeiro acode en cadro á casa do potente Carballal

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

27 sep 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Agnus Dei e Rasoeiro perseguen hoxe a súa primeira victoria da tempada con perspectivas ben diferentes.

O cadro meañés recibe no pavillón de Coirón o Guardés (19 horas) . Un rival que só foi quen de sacar un punto nas dúas primeiras xornadas da Liga de Primeira Autonómica, e que semella ser un candidato perfecto para o primeiro trunfo do Agnus Dei. O adestrador do equipo local, Touza, salientaba esta semana que a victoria meañesa pasa por «recuperar el espíritu y la garra del partido contra el Teucro B en el Trofeo Concello de Meaño». Torres, Miguel e o propio Touza son baixa.

Pola súa banda, o Rasoeiro ten hoxe unha misión imposible: derrotar a domicilio o Carballal, o máximo candidato a optar ao ascenso, co plantel en cadro. Jaime conta en principio con só oito homes, con Abel e Chechu lesionados, Dani Abalo ausente por traballo, Martín enfermo e as dúas últimas fichaxes, Alexo e Omar, pendentes dos trámites federativos das súas fichas. Ademais, os xuvenís non poderán xogar ao prohibilo a Federación por non ter comezado a súa Liga.