Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Agnus Dei bota por terra o seu mellor partido nos derradeiros seis minutos (29-24)

La Voz

AROUSA

07 oct 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O Agnus Dei Meaño asinou o sábado o mellor partido desde que debutou na Primeira Autonómica de balonmán. Pero coma nos encontros precedentes, os de Touza acabaron perdendo: 29-24 na cancha coruñesa do Ártabro.

Logo dun duelo do máis igualado, no que o conxunto meañés chegou a ir por diante (19-21, minuto 45), o xogador-adestrador do Agnus Dei iniciou o camiño da derrota ao protestar a 6 minutos do final do choque a exclusión dun dos seus homes. Con 22-22, Touza gañouse unha exclusión que deixou o seu cadro con dous menos. Os 2 minutos de castigo a Antonio na acción seguinte condearon o Agnus Dei, que xogou con Cristian e Pedro; Iago (3 goles), Pablo, Torres, Manu, Benja (1), Blanco (5), Antonio (2), David, Coejo (2), Tino, Lores e Gonzalo (11).