O equipo de Jaime García está obrigado a gañarlle esta tarde ao Carballal de Vigo no Monte da Vila (18 horas) . E é que unha derrota deixaría o Rasoeiro sen opcións de clasificarse para a liga na que se dedicirá o nome do representante galego na vindeira fase de ascenso á Primeira División Nacional de balonmán. Non en van, o Carballal é cuarto na táboa do grupo do equipo grovense, que se atopa 4 puntos por debaixo na clasificación. O porteiro Ballesteros e o central Zambrano lideran o gran plantel do Carballal, mentres o Rasoeiro chega coas baixas de Dani Abalo, Abel e Dani Conexo.
O Agnus Dei, a pola primeira
Pola súa banda, o Agnus Dei Meaño soña con acadar esta noite na Garda o que sería o seu primeiro trunfo na Primeira Autonómica. Enfronte, un Guardés co que comparte a condición de recén ascendido.