Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Rasoeiro visita o líder da fase de permanencia, o Hierros Márquez da Garda

La Voz

CAMARIÑAS

14 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O Rasoeiro afronta esta tarde a partir das sete o sobre o papel compromiso máis complicado de cantos lle quedan na fase pola permanencia na Primeira División Autonómica de balonmán. Non en van, o cadro grovense desprázase á cancha do ata agora mellor equipo dos oito que están a loitar por salvar a categoría, o Hierros Márquez y Dacosta Guardés.

O conxunto sureño acumula seis trunfos, un empate e unha derrota. Un balance que lle proporciona tres puntos de colchón sobre un grupo de catro rivais empatados a 10 puntos, o Atlético Novás B, o Balonmán Deza, o Conservas Boya Camariñas e o propio Rasoeiro. Todos eles con cinco partido gañados e tres perdidos.

O Rasoeiro, que ten o antepenúltimo clasificado, o Tirso Molina Mosteiro de Poio, a un só punto, é consciente de que o Guardés non deixa de ser un adversario asequible en tanto que non eludíu o grupo pola permanencia, e hoxe tentará demostralo.