Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Rasoeiro acode a Camariñas na procura da permanencia, co plantel ao completo

La Voz

AROUSA

28 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Encarar as dúas derradeiras xornadas da fase de permanencia coa tranquilidade de saberse salvado. Este é o reto que hoxe, a partir das seis da tarde no pavillón do Areal Concello de Camariñas, ten o Rasoeiro por diante, co Conservas Boya coma atranco por superar.

Quinto clasificado con 12 puntos, o conxunto meco dispón de 2 máis có seu rival de turno, sexto e a día de onte último equipo que descendería á Segunda Autonómica. Se o Rasoeiro é quen de gañar esta tarde, e de facelo por unha renta superior ao trunfo do Camariñas no Monte da Vila na primeira volta, con 28-33 no marcador final, aseguraráse matematicamente a permanencia na Primeira Autonómica. Pola contra, unha derrota significaría unha importante complicación para os do Grove.

A principal baza do Camariñas é a súa fortaleza na casa, liderado por Felipe, lateral cunha man letal de cara a portería contraria. Ao seu favor, o Rasoeiro conta coa disponibilidade de todo o seu plantel.

Trámite do Agnus Dei

Pola contra, o outro representante da bisbarra na Primeira Autonómica, o Agnus Dei, recibe hoxe ás oito da tarde o Deza, terceiro da fase de permanencia, sabedor de que xa non ten nada que facer para eludir o descenso.

O gardameta Pedro, que se perderá o resto da tempada tras ser sancionado pola Federación Galega de Balonmán con tres xornadas de suspensión, é en principio a única baixa nas filas do conxunto meañés.