Derrota polémica do Rasoeiro na cancha do Guardés (32-31), e vitoria contundente do Meaño no Porriño
AROUSA
O Rasoeiro sufríu o pasado sábado unha nova derrota, aínda máis doorosa ca da primeira xornada da Liga de Primeira Autonómica no Monte da Vila. O conxunto grovense caeu 32-31 co Atlético Guardés, logo de dominar o marcador con vantaxes máximas de catro goles ata minuto e medio do final do encontro. Entón, e tras o empate a 31, explicou onte o técnico do cadro meco, Óscar Arosa, a arbitraxe caseira dos colexiados Sergio Rodríguez e Marcelo Río sentíuse con toda a súa dureza ao non sinalar unha clarísima falta sobre o pivote do Rasoeiro. A acción deu pé a un último ataque local, no que se lle concedeu o derradeiro tanto ao Atlético Guardés pese a que un dos seus xogadores pisou a área grovense.
Xogaron polo Rasoeiro: Santi, Diego, Nacho (1 gol), Fran, Sergio, Iago (6), Jacobo, Conde (5), Alberto (6), Gumi (9), Borja (1), Víctor, Dani e Pablo (3).
Pola súa banda, o Meaño superou sen problemas o Porriño, 26-39, na segunda xornada da Copa Federación, que enfronta os conxuntos da Segunda e da Terceira Autonómica de balonmán. O choque estaba xa resolto ao descanso: 11-20.