O centro do castro de Baroña acollerá fotografías dos irmáns Mayo

La Voz

BARBANZA

09 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Unha nova exposición virase a sumar hoxe á oferta cultural de Barbanza. Trátase da mostra Hermanos Mayo. La Guerra Civil Española, unha iniciativa da Deputación que recala no centro de interpretación do castro de Baroña despois de pasar pola casa de cultura de Boiro. A inauguración desta exposición de fotografías terá lugar hoxe ás 20.00 horas. Está formada por preto de cen imaxes da Guerra Civil captadas, coas súas cámaras Leika, polos cinco representantes do colectivo Hermanos Mayo, que durante sete décadas permaneceron nos arquivos da Biblioteca Nacional.