A empresa encargada da xestión da piscina rianxeira está a preparar diversas actividades de cara ao verán, así como un campamento para nenos de entre 7 e 12 anos, que se desenvolverá desde as 10.00 ata as 13.30 horas. Ademais de diversas propostas que se levarán a cabo na propia piscina, os socios poderán sumarse a un bautismo de voo, unha viaxe para practicar rafting ou unha festa para celebrar o San Xoán. Os veciños que desexen obter máis información ou anotarse nalgún destes programas poden pasarse polo complexo deportivo ou chamar ao 630 666 687.