Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Relevo xeracional garantido

La Voz

BARBANZA

07 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Tanto Quiteria Martiño coma o seu home xa viron premiado o seu esforzo cando Víctor asumiu o control do negocio. El formouse no eido da hostalería en Santiago e, a diferenza dos seus irmás, que decidiron procurar fortuna en Estados Unidos, optou por quedarse na terra do seu pai, ao mando do negocio familiar: «Crieime nisto e non tiña moitas máis opcións. A mellor solución era asumir a dirección deste establecemento, que xa estaba montado e funcionaba ben».

E non está arrepentido da decisión tomada, ao contrario. Aínda que é un negocio de tempada, que traballa desde Semana Santa ata finais de outubro, ten unha clientela fixa que lle concede seguridade: «No noso caso, sempre funcionou moi ben o boca a boca. Hai xente de Salamanca e Valladolid que ven practicamente desde que abrimos e incluso van traendo tamén a amigos e a familiares. Son persoas ás que non lles importa a chuvia nin o mal tempo, que se conforman con mirar o mar mentres fan ganchillo ou encaixe de bolillos. Acoden aquí na procura de tranquilidade», explica Quiteria.

Se hai algo que non falta nas Furnas é a tranquilidade, e iso que a estampa da praia, sobre todo na tempada de verán, xa non é hoxe a mesma que hai corenta anos.