Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Creador literario e xornalístico

PASTOR RODRÍGUEZ

BARBANZA

25 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

En 1911 nacía en Porto do Son José Barreiro Barral, quen viviu tamén un tempo en Ribeira. Ademais de colaborar en diversos medios xornalísticos, xa en idade avanzada publicou dous libros.

En 1987 saía do prelo Los montes de El Pindo, Olimpo Celta y desiertos de piedra, produto dun gran coñecemento desa zona, seguindo as pegadas pioneiras do Padre Sarmiento.

Xa en 1989 publicaba unha homenaxe á súa vila natal: Historia de Porto do Son y su distrito, un compendio de historia local aínda útil.

Son importantes estes estudos locais, porque é dende eles que imos ao galego e ao universal. Cumpren un papel tamén imprescindible para autocoñecérmonos. Falan de nós mesmos.