Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Eu quero facer as festas ben, coas que disfruten todos os públicos»

P. B. M.

CAMARIÑAS

30 jul 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O venres comezan as festas do Carme en Camelle. Este ano Perla Vázquez colle as rendas dos festexos.

-Está case soa na comisión. ¿De onde quita o tempo para organizar as festas tendo unha pastelería ao seu cargo?

-Pois todo é a base das horas libres que teño durante os días e, logo, o luns, que non traballo. Tamén me dá a vida que vivo con meus pais e miña nai é a que fai as cousas da casa. Eu sonche de pouco saír e isto váleme de moito porque o de organizar as festas arrástrame cara fóra.

-¿De onde veu a idea de facer unha festa da espuma?

-É unha novidade en Camelle, coa que o pasarán moi ben os pequenos.

-¿Só para pequenos, logo?

-Ai, non. Isto é coma os xogos populares, que primeiro empezan os nenos e logo tiran por todos. Eu serei a primeira en participar, o ano pasado incluso fixen de animadora, pero este ano xa dixen que non, que acabo conmigo mesma. Gústame facer cousas novas, dar ideas: este ano cheguei a propoñer unha regata de chalanas. Eu quero facer as festas ben, coas que disfruten todos os públicos e todo o día. Por exemplo, os maiores, que non van ao campo, eu quero que unha charanga lles vaia polas casas. Iso si, a sardiñada do venres fana voluntarios, eu teño que estar na pastelería.

-Pero algunha sardiña probará...

-Bueno, contra o final. Sempre hai algún que se acorda e me trae algunha ao traballo.