Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Meu irmán Alfredo foi quen me introduciu na arte»

La Voz

CARBALLO

05 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Luciano García Alén naceu en Pontevedra. Fillo de mestres, pertencía a unha gran familia formada por dez irmáns. A súa curiosidade levouno a converterse nun mozo inquedo, moi influído polo ambiente no que o valor da cultura primaba por enriba de todos. No seu álbum de recordos e añoranzas figuran dous nomes importantes na súa formación como etnógrafo. Alfredo García Alén, o irmán co que compartiu o seu amor pola arte e a historia e co que traballou na recuperación da olería galega. O outro foi Xosé Manuel Gomez Vilasó, que percorreu con el e coa súa cámara as casas dos oleiros coas historias que marcaron a vida e a contribución de Alén ao pobo galego.

-¿Como foi a súa relación co seu irmán?

-Excepcional. El traballaba no Museo de Pontevedra e eu pasaba alí o tempo, eramos dez irmáns e tiñamos que buscarnos a vida. Nese museo formeime. Alfredo foi unha peza moi importante na miña vida, xa que me inculcou esta actividade de estudo e colección. Foi quen me introduciu na arte. Houbo outra persoa que tamén foi importante na miña actividade, o fotógrafo Gómez de Vilasó, que me acompañaba nas miñas viaxes para inmortalizar calquera momento. Tiñamos unha grande amizade e faciamos un bo equipo.

-Vostede foi tamén un dos fundadores do Policlínico La Rosaleda..

-Si e ademais teño que dicir que o Policlínico tamén vive unha gran devoción tanto pola pintura como pola escultura. De feito, na maternidade hai unha figura en relevo que pon «ao meu amigo Alén». Alí traballei e é a miña casa.

-Moitas persoas pasarían pola súa consulta compostelá...

-Moita xente, e aínda hoxe páranme para falar comigo, foron moitas as persoas que vin no meu exercicio profesional. Eu sempre intentei ser un profesional próximo aos pacientes, porque un médico ten que ter esa sensibilidade e esa capacidade de poder chegar á xente dunha maneira natural.

-Vostede acostumaba a dicir que «hai que soñar con Buño». ¿Aínda segue soñando?

-Vale a pena soñar con Buño, pero creo que a min xa non me necesita. O que sempre dixen foi que vale a pena pasar pola cuña da olería e coñecer toda a súa variedade produción de cerámica, a súa olería tradicional, e a artística e creativa. Aos oleiros debémoslle todo desexándolle o mellor futuro.

-¿Como recibiu a noticia da concesión da Medalla de Ouro ás Belas Artes?

-Trátase dun valor extraordinario e un premio á antigüidade da obra dos oleiros.