Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A plataforma «Queremos galego» convoca unha folga xeral no ensino

La Voz

CARBALLO

17 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A plataforma Queremos Galego convocou para o vindeiro xoves 21 de xaneiro a todos os membros da comunidade educativa para secundar unha xornada de mobilización como protesta polo «decretazo contra o galego presentado polo actual goberno da Xunta de Galiza».

Afirman dende a entidade que a pretensión con esta iniciativa é: «Demostrarlle ao Goberno do PP, unha vez máis, que Galiza quere galego, que están en minoría e que son eles os que rachan co consenso e coas bases do Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade e por consenso democrático no Parlamento Galego en 2004».

Xa nun eido máis local, a plataforma Queremos Galego Bergantiños-Costa da Morte, anima a todas as persoas interesadas a acudir a esa manifestación, que arrancará da alameda compostelá ás 11.30 horas. Poñeranse para iso varios autobuses dende a comarca, para o cal se precisa que a xente se anote, ben no enderezo electrónico bergantinhos@queremosgalego.org ou ben nos locais da CIG de Carballo (981 703 169) e de Cee (981 745 266).