Será un dos voluntarios da agrupación local que tomen parte na organización o domingo
25 jun 2010 . Actualizado a las 02:00 h.O Concello de Cee colabora na organización do Día da Bicicleta aportando os seus medios, entre eles o Grumir e Protección Civil. Juan Manuel Trillo forma parte de este último corpo e estará o domingo velando porque todo saia segundo o previsto.
-¿Xa teñen todo preparado?
-Xa temos experiencia previa nisto e non hai moita diferenza no organización, pero sempre quedan detalles de última hora.
-¿Canta xente participará no dispositivo de seguridade?
-De Protección Civil participaremos dez voluntarios, e ademais o Grumir de Cee, a Policía Local e a Guardia Civil de Tráfico.
-¿Como organizan o percorrido?
-Encárgase o Club Ciclista, que despois pásanolo a nós, e consúltanos sobre puntos especialmente conflitivos para evitalos. Estaremos nos cruces onde fai falta especial atención.
-¿Cal é a súa función?
-O principal é acompañar aos rapaces e a toda a xente que participe na marcha. Tamén levaremos unha ambulancia de apoio.
-¿Dálle vostede á bicicleta?
-Xa fai anos facía moita carreteira. Nos últimos tempos vou máis en bici de montaña. Na comarca hai moi bos roteiros para facer en bici como o de San Pedro Mártir, ou en O Ézaro e na zona de Fisterra, cunhas paisaxes preciosas. Pistas rurais hai moitas.
-¿Collerá a bici o domingo?
-Este ano algún voluntario animarase a facelo en bici cos rapaces. Esperemos que todo salga perfectamente.