Levan moitos anos facendo que os seus alumnos investiguen o desenrolo e expansión da cidade coruñesa, pero ata o de agora os seus descubrimentos non tiveran tanta repercusión como o estudio sobre as infravivendas universitarias. Xosé Lois Martínez e Xosé Manuel Vázquez Mosquera están sorprendidos cos resultados obtidos neses informe, e esperan que serva para acabar con este tipo de inmobles.
-¿Como xurdiu a idea de facer este estudio?
-(X.?M.?V.?M.) Nós o que plantexamos nun principio era analizar a forma de vida dos estudantes na área perimetral da Coruña, nas zonas de San Vicente de Elviña e A Zapateira.
-(X.?L.?M.) A verdade foi un descubrimento, porque non esperabamos que apareceran eses galpóns. Foi unha sorpresa moi grande, porque nin nós mesmos sabíamos o que había aí, e o volume afectado, porque non é só un, senón que hai máis de cen.
-¿Foi moi difícil realizar o traballo?
-(X.?L.?M.) Primeiro accedeuse ás distintas construcións a través dos propios alumnos, que quixeron alugar estas infravivendas e descubriron o que había alí. Ademais, tamén se fixeron fotos aéreas e se sacaron a través de Google, e a partir diso se debuxou todo o proxecto. Grazas ao debuxo o que só ves illadamente, se o ves debuxado se magnifica. De todas formas, foi moi difícil detectar os inmobles, porque estaba agochados nas partes traseiras das finca e cos debuxos se dá unha idea moi clara de como son.
-(X.?M.?V.?M.) Un tema importante que hai que destacar é que o debuxo sempre é unha reflexión; é igual que cando escribes, que tes que pensar para redactar. O debuxo tamén é unha reflexión persoal, que permite profundizar e ver máis alá do evidente.
-¿O obxectivo deste traballo era denunciar unha situación ilegal?
-(X.?L.?M.) Non. Nós non sabemos si estas construcións son legais ou ilegais, ou se teñen licenza, porque ese tampouco é o obxectivo do traballo. O estudo quere mostrar unha realidade que existe, e xa lle remitimos toda a información ao Concello, para que tome as medidas que considere oportunas.
-¿Qué conclusións sacan deste descubrimento?
-(X.?L.?M.) Que ademais dos problemas de urbanismo que poden causar este tipo de construción, hai un problema máis serio, porque non existen espazos públicos e de convivencia entre estudantes e florece o individualismo. Isto maleduca á sociedade e se converte nun tipo de fragmento patolóxico que parece que é normal cando non o é. Este tipo de patoloxías son comparables a cando había tráfico rodado polo centros históricos e parecía algo normal, cando estas vías non estaban preparadas para os coches.