O monte Neme é un lugar especial que sempre tivo connotacións máxicas. De feito o seu nome provén dunha palabra celta, Nemeth, que significa monte sagrado. Nel houbo un Cromlech, hoxe chamado Eira das Meigas. Conta a lenda que na noite de San Xoán, na fonte de Santa Cristina ó lado das ruínas dunha capela, as bruxas bailaban e realizaban todo tipo de cerimonias onde, apoiadas nunhas pedras facían os seus conxuros. Se ben a realidade hoxe e ben distinta. O lugar está sendo arrasado polas explotacións canteiras, nada máis contamos cun cartel que indica que nalgún tempo existiu un círculo litigo. A situación alí arriba é preocupante, o que foi un dos outeiros máis importantes da zona está a piques de desaparecer. Pero isto parece non importar. Que hai das vistas culturais que se realizaban o lugar? Por que non se fan xa? Quizais non interese mostrar a realidade. Con isto quero denunciar o que ó meu parecer é un atentado contra a nosa cultura e, como non, contra a propia natureza.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios