Ezequiel Mosquera: «Non me entra na cabeza que o equipo galego desapareza»
DEPORTES
Recordó que «o ciclista non é ninguén sen os afeccionados» y aseguró que si pudiera elegir ficharía a todos sus compañeros de la Vuelta y a Gustavo Domínguez
23 sep 2010 . Actualizado a las 11:12 h.A Ezequiel Mosquera le siguen lloviendo felicitaciones por su segundo puesto en la Vuelta. En su encuentro digital con los internautas de La Voz destacó que tuvo «un equipo detrás que non fallaba nunca». Recordó su épico triunfo en la Bola del Mundo. «Os finais así son o que o ciclismo necesita, porque non vía tanta xente na estrada desde o final do Angliru no 2008», apuntó. Y añadió que «o ciclista non é ninguén sen os afeccionados».
-¿Que rol vas ter no Vacansoleil?
-Ser líder nas carreiras por etapas españolas e nalgunhas europeas. E teñen interese en que lle axude á xente nova.
-Se corres o Tour, ¿irás de xefe de filas?
-O calendario depende de que teñamos licenza ProTour ou non. Pero non falamos aínda de calendario nin de galóns. Correr o Tour sería algo grande, tanto de capo como de currante .
-¿Quiénes crees que serán los grandes protagonistas del Tour en los próximos años?
-Andy Schleck, Contador, Nibali, Peter Velits e Igor Antón.
-Funcionas mellor con frío que con calor. ¿O Giro podería ser bo para ti?
-As etapas dolomíticas do Giro, co tempo que vai alí, adaptaríanse ben ás miñas características como corredor.
-¿Que puerto internacional te gustaría coronar primero?
-Tourmalet, Gavia ou Mortirolo.
-¿Qué etapa propondrías en Galicia para laVuelta?
-Un final en Pena Trevinca.
-¿Pensas que o Xacobeo seguirá no 2011?
-A día de hoxe é un tema que non me preocupa como hai un mes. Explícome: aínda que non hai nada concreto, todo apunta a que o equipo galego vai estar nas estradas. Non me entra na cabeza que desapareza.
-¿Cuántos ciclistas como Miguel Manteiga han abandonado por no tener un Xacobeo?
-Seguro que moitos. Miguel era un corredor que nos podería ter dado moitos éxitos. Penso que hai que ser optimista e que os ciclistas galegos poden ter ao noso equipo como opción de futuro.
-Despois do traballo que fixo David García na Vuelta, ¿gustaríache levalo contigo?
-Claro. Estoulle moi agradecido, porque perdeu o décimo posto na xeral por traballar para min. Aínda así é algo que podo pedir, pero non impoñer.
-Imagina que te ofrecen dirigir un equipo y puedes fichar a nueve corredores. ¿Cuáles serían?
-Ficharía aos compañeiros da Vuelta e a Gustavo Domínguez. Un superequipo.
-¿Pensaches na retirada?
-Si, sobre todo cando te preparas e compites e non acabas de andar como quererías. Aínda que a retirada márcaa ás veces o feito de que o esforzo xa non compense economicamente.
-¿Gustaríache ser director despois da retirada?
-Tería que probar, por seguir en contacto con este deporte. Pero sen presión.
-Ademais de Picholeiro e Tarzán, ¿que máis espécimes nos podemos atopar en Galicia?
-O raposo de Arteixo, o castrón de A Estrada, papá Veloso e o animaliño de Ordes. É unha fauna moi autóctona.