Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Balonmán Portadeza Lalín asume o liderato de Primeira A

Lorena G. C.

DEZA

06 nov 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Logo da disputa de seis xornadas no campionato regular de Primeira Nacional, o Balonmán Portadeza Lalín lidera a clasificación do grupo A. Faino con 10 puntos no casilleiro, os mesmos ca Boadilla e Novás, pero cunha diferenza favorable de goles (+34) que outorga aos de Budi o primeiro posto da clasificación (Boadilla ten +21 e Novás +5)

A vitoria dos homes de Budi o pasado sábado en Lalín ante o Carballal coincidiu no tempo coa primeira derrota do ata agora líder en solitario, o Atlético Boadilla. Tiveron que pasar seis xornadas para que os de Juan Antonio Hernández perderan os seus primeiros dous puntos a man dun dos teóricos cocos da categoría, o Realitas Balonmano, que gañou 30-27. O que tampouco semella moi disposto a descolgarse dos postos altos da clasificación é o Novás de Jota, que sumou un novo trunfo desta volta ante o Bueu por 26-31.

Así as cousas, Portadeza, Boadilla e Novás mantéñense na táboa con 10 puntos colectados grazas a cinco vitorias e un partido perdido. Séguenos, con 8 puntos Realitas, Salamanca e Ademar, e continúan na táboa Porriño, Safa e Cisne con 6 puntos no seu casilleiro particular.

Xa na zona baixa da táboa, o Arroyo suma 4 puntos, os mesmos có Valladolid, mentres que El Canario Cátering e Bueu só foron quén de sumar cadansúa vitoria. O rival do Portadeza a pasada semana, o Carballal, pecha a táboa co casilleiro de puntos a cero.

Para manter o liderato, o Lalín deberá superar o vindeiro sábado a visita á cancha do Arroyo.