O Balonmán Deza tenlle collido o ritmo á Liga en Segunda Autonómica. Os dezanos recibiron ao Guardés, co que ían empatados liderando a táboa, e conseguiron unha importantísima vitoria. O encontro debuxouse con alternancia no marcador. O Deza, aproveitando na segunda metade o cansazo visitante, axustou a defensa e logrou chegar ao final do encontro 28-26.
Polo Deza xogaron Gonzalo, O Lobo (2), Sergio (3), Ignacio (8), Jotaeme (1), Leitán (7) e Salva (6); Antonio, Nené, Perich, Rubén, Diego (1), Tito e Félix.
Tamén xogaron a pasada fin de semana os benxamíns do Deza fronte ao Rasoeiro. A vitoria levouna o Deza por 6-2. Xogaron Zaida, Noelia, Roi, Sara, Paula, Míriam, Jessica e Dani polos locais.