Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Ademar B virá a Lalín coa dúbida de Montoro, un referente

DEZA

03 oct 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Os seareiros do Balonmán Buda Lalín poden prepararse xa para o que será o segundo partido do equipo no pavillón dezano. Os pupilos de Javier Barrios reciben mañá ás 18.30 horas ao Universidad de León Ademar, filial do conxunto de Asobal, nun encontro que se perfila como os dous anteriores: complicado e de sufrimento.

Aínda que o Universidad de León Ademar non comezou con moi bo pé a tempada, os leoneses acostuman a ser un rival difícil de bater e que esixe moito esforzo físico e táctico por parte dos seus rivais. O filial do Ademar comezou a Liga perdendo na casa do Xiria 32-28 e a semana pasada empatou 35-35 coa SAR.

O equipo leonés desta tempada ten á fronte a Dani Gordo, adestrador do equipo xuvenil a Liga pasada, que se alzou co campionato de España. De feito, según destacou o técnico, boa parte da plantilla xuvenil da campaña pasada acompáñao este ano no equipo de Nacional. «El equipo es practicamente la plantilla juvenil de la Liga pasada, con júniors de primer año que llegan para estudiar o para intentar hacerse un hueco de cara al primer equipo, y mantenemos a 6 jugadores del año pasado», explicou Gordo.

Como bo filial, a filosofía do rival de mañá do Balonmán Buda Lalín pasa por «formar a la gente. No tenemos las responsabilidades que tienen otros equipos más allá de formar y competir», destacou o técnico leonés, que avanzou que para o partido de mañá é dúbida Ángel Montoro, un dos referentes do equipo. O xogador, zurdo de 2,10 metros de estatura, compaxina o equipo de Nacional co primeiro plantel, e está arrastrando un esguince cervical que podería impedirlle estar mañá no Municipal.

Adaptación complicada

Adaptar a xogadores xuvenís a unha categoría como a Primeira Nacional está a ser o principal problema co que se atopa Dani Gordo, e que se reflicte nos encontros. «Nos está costando bastante adaptarnos a la categoría, y esos errores propios del desconocimiento de Nacional son los que nos están condenando en los partidos», abundou o adestrador. «Si conseguimos diezamar esos errores que cometemos, haremos partidos mucho más competitivos», considera Dani Gordo. O adestrador do Universidad de León Ademar subliñou que «Lalín es uno de los veteranos de la categoría, por lo que nosotros vamos a intentar hacer nuestro partido lo mejor posible, y si podemos sacar algo positivo, pues mejor que mejor». «Solo quiero que se vea un buen partido y que nuestro equipo esté lo más competitivo posible», desexou o técnico leonés.

O Ademar de Nacional de Gordo que se atoparán mañá os de Barrios é un equipo que aposta por defensas 6:0 que lle permiten aproveitar contraataques simples.

En canto á categoría, Gordo subliñou a igualdade máxima que está a caracterizar a competición, «incluso en los resultados tan cortos que se están obteniendo», e augurou unha segunda volta determinante, «ya que la primera vuelta va a ser como una travesía para todos los equipos».