Logo de varias semanas en dique seco, o xogador do Balonmán Lalín Marco volverá estes días a adestrar. O lateral xa ten o diagnóstico da lesión que arrastra e que lle estaba a impedir traballar co grupo, e comezou xa a tomar as primeiras medidas. Segundo explicou a fisioterapeuta do club, Lorea Ullibarriarana, o xogador ten unha necrose moi pequeniña na rótula dereita que repercute no tendón e no alerón rotulianos, ocasionando a inflamación e as molestias que arrastra o xogador. A orixe da lesión, segundo explicou a fisioterapeuta, podería remontarse á lesión que Marco padeceu hai xa dous anos.
Infiltración
Para combater a lesión, Marco someteuse a unha infiltración e traballará durante os vindeiros días para comprobar se lle remite a inflamación e as molestias. Despois voltará de novo á consulta para que o especialista valore se as infiltracións xorden o seu efecto. En principio non se trataría dunha lesión de gravidade, pero en caso de que non evolucione, podería haber a posibilidade de pasar polo quirófano.
Á espera da evolución de Marco, en principio o resto de efectivos do BM Lalín atópanse ben e Alberto poderá facer convocatoria para o partido de mañá pola tarde na casa ante o Porriño ás 18.30 horas.