Ás 21 horas comezará en Lalín o partido de Primeira Autonómica que enfrontará ao Nattex Balonmán e ao Viña Costeira, o segundo clasificado da Liga. O encontro correspóndese á décimo segunda xornada da Liga, e foi aprazado a pasada fin de semana a petición dos visitantes.
No equipo dezano as boas novas pasan pola recuperación de Rubén Martínez; José Antonio por motivos laborais, e Dieci e Antío por lesión, causan baixa no plantel de Paco Vilariño.
Logo da complicada segunda volta dos dezanos por mor das lesións, o Nattex confía en recuperar a senda do trunfo ante o Viña Costeira, un rival moi difícil. A vitoria será fundamental para que os de Paco Vilariño manteñan as súas opción de clasificarse para a fase de ascenso. Se os lalinenses gañan os tres encontros que lles restan, acadarán o seu obxectivo. Dúas vitorias poderían serlles tamén suficientes, pero dependerían dos resultados do Guardés.