30 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
O Balonmán Deza afronta esta tarde (19 horas) a visita á cancha do Tirso de Molina. O conxunto lalinense chega como flamante líder do grupo pola permanencia, e pretende retornar á capital dezá con dous puntos máis no peto.
Respecto da semana pasada o Deza podería viaxar coas ausencias de Nico e Tuni con compromisos persoais, e a de Nené por lesión. O xogador abriu unha brecha nunha cella no último partido, e non poderá xogar esta tarde.
O rival do Balonmán Deza desta tarde disputou dous partidos no que vai de segunda fase da Liga, colleitando un trunfo e unha derrota. Os dezanos, que aínda non saben o que é perder, confían en impoñerser nunha pista que tradicionalmente se lles daba ben, e que a priori non é especialmente complicada.