Os amigables da selección galega con Gran Bretaña arrancan o venres no pavillón de As Travesas

La Voz LALÍN/LA VOZ.

PONTEVEDRA CIUDAD

19 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Xa hai data e lugar para a disputa dos tres partidos amigables que a selección galega de balonmán disputará contra o combinado de Gran Bretaña, e nos que tomará parte o xogador do Balonmán Lalín Pincho. O primeiro dos tres encontros está previsto para o vindeiro venres ás 20.45 horas no pavillón das Travesas de Vigo; o sábado xogarase no pavillón de O Gatañal en Cangas a partir das 19 horas, e o último encontro entre as dúas seleccións está previsto para o domingo ás 19 horas no pavillón municipal de Camariñas.

Pendentes dos xuvenís

O Balonmán Lalín xuvenil xa coñece o rival ao que se medirá na final da Copa Federación. O Teucro impúxose ao Novás na outra semifinal do campionato, e verase as caras cos pupilos de Budi. Tanto no club de Lalín como no de Pontevedra están agora a expensas de coñecer a data na que se xogará a final. Inicialmente, o encontro estaba calendando para xogar esta fin de semana, pero tanto o Lalín como o Teucro están interesados en pospoñelo. A coincidencia coa final copeira co sector estatal infantil, para o que tamén clasificaron dezanos e pontevedreses, fixo que ambos clubs propuxesen aprazar a final copeira unha semana máis. Onte no Balonmán Lalín estábase á espera de coñecer se dispoñían do visto bo federativo.

Doutra banda, as tempadas continuan para os máis pequenos do BM Lalín. En alevíns, o equipo A perdeu 7-1 na súa visita á pista do Bueu A, mentres que o alevín B se impuxo por 1-7 no seu desprazamento a A Guarda. En categoría infantil, o BM Lalín perdeu 28-20 na pista do Bueu.