O telón da Primeira División estatal de balonmán alzarase mañá co Balonmán Lalín enfrontándose ao Inzamac Zamora no novo multiusos Lalín Arena. O encontro será o primeiro dunha campaña que se presenta ilusionante para o Embutidos Lalinense BM Lalín, que trala experiencia da pasada campaña, aspira a igualar, ou mesmo mellorar, o terceiro posto colectado.
As chegadas de Rubén Martínez, Roberto Álvarez e Gustavo á plantilla que dirixe Alberto Miguélez engadiu un plus de calidade e competitividade ao cadro roxinegro, que se presentará ante os rivais con máis solucións tanto ofensivas como defensivas. O equipo ten claro que tentará competir ao máximo nivel e gozar de novo co respaldo dos seareiros na nova etapa.