Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Canario non poderá viaxar o venres a Oviedo co equipo

La Voz

DEZA

20 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Manterse na zona alta da táboa clasificatoria, e polo tanto dar máis ás ao proxecto do Balonmán Lalín, pasa esta semana por sacar adiante un compromiso complicado en Oviedo. Salvo nova de última hora, o Embutidos Lalinense só terá a baixa de Canario para desprazarse a terras asturianas. Queda despois por ver se xogar un venres pola noite (31.20 horas), e tras viaxar pola tarde, lle pasa factura ao conxunto lalinense.