Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«As persoas que como arma política usan a mentira non deben representar a ninguén»

La Voz

FERROL

06 ago 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Barcia está doído co papel que desenrolaron todos os grupos da oposición no Concello unha vez que saíu a luz o caso Virgin. «O único que querían era botarme da alcaldía e non lles importaba a forma», indica.

-¿Pensa que a oposición embarrou sen mesura o terreo de xogo político?

-Hai unha frase que di: As persoas polos seus feitos os recoñeceredes. A min non me recoñecerán por usar a mentira como arma política, porque quen así o fai non é digno de representar a ninguén.

-¿Se puidese volver atrás cambiaría algo de cómo actuou neste caso?

-Eu reviso practicamente cada papel que se tramita no Concello de Mugardos. Aínda así, recoñezo que non son perfecto e moitas veces poderei cometer algúns erros, pero o que nunca farei é poñer o cazo.