1
Debemos seguir cultivando o compromiso e o aprecio pola nosa lingua e facilitar un clima de liberdade de escolla, sendo conscientes de que o galego é unha opción útil e válida en todos os contextos sociais. Persoalmente, decátome de que o galego é unha riqueza que nos axuda a abrir as portas da lusofonía. Pero non debemos perder de vista que, a medio prazo, o castelán consolidarase como lingua franca, tal e como sucede xa co inglés. Ignorar esta realidade revela escaseza de miras pero tamén, e seguramente o máis preocupante, unha nula capacidade dos nosos gobernantes para adiantarse aos acontecementos na procura de máis e mellores oportunidades, sobre todo para nenos e mozos, que, en poucos anos, tomarán o relevo. O uso da lingua, sexa cal sexa, é un exercicio de liberdade e, a nosa historia ensínanos que as linguas non se poden nin impoñer nin prohibi
r.
2
O mellor camiño é o da naturalidade, sen obrigas e sen cambios abruptos que xeren incomodidades ao cidadán. Os responsables políticos, encargados de regular a súa introdución na sociedade, temos que xerar agarimo por algo tan noso como é o idioma, sen apropiarnos partidistamente dun patrimonio común. A nosa lingua é de todos e para todos; é incluínte, nunca excluínte; é un tesouro vivo que debemos protexer e querer como unha parte esencial do que somos. O necesario avance da lingua galega debe impulsarse desde o orgullo que supón termos unha lingua propia. Pero sempre respectando a liberdade dos falantes, os seus dereitos, sen imposicións nin guerras lingüísticas que só desgastan e non conducen a ningures. Vivimos nunha sociedade cosmopolita e globalizada na que o feito de ter un idioma propio -sen dúbida, o principal sinal de identidade da nosa cultura- constitúe un elemento enriquecedor. É obvio que os esforzos que poidamos facer para preservar e promocionar o uso do galego deben ser benvidos e apoiados por todos. Pero, non nos enganemos, calquera estratexia de difusión dunha lingua que se base na imposición nace viciada de raíz. Canto máis impoñamos o uso do galego, maiores serán as probabilidades de que este sexa rexeitado como elemento de comunicació
n.
3
Nacín nunha aldea de Ourense e na casa, coa miña avoa, falaba en galego. Léoo e fáloo desde neno. O meu traballo fai que manteña contacto con moitos falantes de galego, dos que tento aprender e comparar os seus diferentes matices. Cando non estou seguro da tradución dalgunhas palabras, procuro ter un dicionario preto ou pregunto. Creo que esta é unha boa maneira de enriquecer o meu vocabulario
.