música | 10.00 y 16.00
O espazo V Clips conta cunha programación especial desde agora ata fin de ano. O programa de vídeos musicais de V Televisión está a facer unha conta atrás desde o 30 ata o 1, cos que son considerados os trinta mellores clips galegos do ano. Na semana que comeza mañá, o ránking vai desde o 30 ao 21 e inclúe os traballos musicais, entre outros, de Glez, Samesugas ou Robert y Los Muchachicha.
A partir deste luns, a conta atrás ponse aínda máis quente, xa que os espectadores poderán coñecer os clips que se atopan entre os postos moi privilexiados, entre o vinte e o once. Cando chegue a fin de ano, poderemos saber en V Televisión cal é o mellor clip galego do 2010.