
A Fundación Xosé Soto de Fión cre que a iniciativa pode realizarse cun investimento de 228.384 euros A proposta será remitida ó concello, ó Bispado e á Deputación
04 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.A Fundación Xosé Soto de Fión presentou unha proposta para restaurar o palacio episcopal de Diomondi e convertelo nun centro de interpretación do patrimonio románico da Ribeira Sacra, que, segundo as súas estimacións necesitaría un investimento de 228.384 euros (37.999.900 pesetas). O proxecto comprende a demolición da parte posterior do edificio, que foi engadida no século XIX ó corpo principal da construcción. Con esta medida, segundo a fundación, liberaríase a ábside da igrexa románica e quedaría ó descuberto a cabceira do templo. Por outro lado, o proxecto implicaría a rehabilitación do edificio principal, construído a finais do século XIII, e a súa transformación nun centro de información cultural e histórica. Unha parte do teito sería convertido nun lucernario -unha claraboia feita de metacrilato ou outro material transparente- que permita observar con luz natural a decoración románica da fachada norte da igrexa. Segundo a fundación, na realización deste proxecto poderían participar o Bispado de Lugo, o Concello do Saviñao e a Deputación, institucións ás que presentará a súa proposta.