Unha seria regresión ligada aos cambios nos usos dos solos agrícolas

La Voz

AGRICULTURA

22 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O moucho sufriu unha forte regresión en Galicia desde finais dos anos 70 ata principios dos 90 como mínimo. No conxunto do territorio español rexistráronse retrocesos de ata un 3,6% anual entre 1998 e 2007. Este descenso de poboación, porén, pareceu estabilizarse entre o 2004 e o 2008, cunha caída anual de en torno a un 0,5%. Os investigadores sinalan que entre as principais causas deste declive están os choques con automóbiles e camións -que causan unha importante mortandade- e o efecto dos insecticidas, pero considérase que a principal ameaza para a conservación da especie reside nos cambios nos usos do solo agrícola.

Os ornitólogos advirten que a desaparición dos mouchos é prexudicial para a agricultura, xa que consumen grandes cantidades de insectos e de pequenos mamíferos. O mantemento do mosaico rural tradicional é fundamental para a súa conservación.

Niños artificiais

Os especialistas apuntan ademais que unha medida sinxela para favorecer a conservación da especie nas zonas onde se detecte a súa presenza consiste en instalar caixas que poidan utilizar como niños, con entradas dun diámetro de 70 milímetros.