? proxecto máis avanzado de construcción dun novo museo na comarca de Lemos é o que promove a Fundación Xosé Soto de Fión no municipio do Saviñao. O museo de Arxeriz xa ten terminada unha grande parte das súas instalacións, nas que están instaladas a maioría das pezas que se mostrarán ao público. O responsable do proxecto, José Antonio Quiroga, considera que o espazo abrirá as súas portas aos visitantes nun prazo máis ou menos breve, aínda que prefire non dar de momento ningunha data concreta. O museo estará dedicado en grande parte á cultura material tradicional da ribeira do Miño e prestará especial atencións a actividades típicas como a pesca fluvial e a viticultura. Nas súas salas tamén poderá verse un importante número de pezas arqueolóxicas encontradas na zona en diversas épocas e gardadas ata agora en casas particulares. A fundación ten previsto ampliar o museo despois da súa apertura e habilitar novas dependencias nos diversos edificios pertencentes ao antigo pazo de Arxeriz, que alberga estas instalacións.