Celeiro elaborará el sábado 600 kilos de merluza para su exaltación gastronómica
A MARIÑA

Estrenará el título de FEsta de Interese Turístico Galego
16 jul 2013 . Actualizado a las 07:02 h.Jesús Fernández é o secretario da Asociación Penalba-Colectivo Chilindrín, que está presidido por Bernardo Fraga. Esta agrupación é a que se encarga de levar a comisión de festas de Celeiro, e son os que fixeron os trámites para que a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro acadara o título de Interese Turístico Galego, tras 15 edicións. É este sábado.
-¿Que novidades hai este ano nas festas de Celeiro?
-Pois a parte de que a Festa da Merluza ten un título importante, o grupo de voces de Celeiro, dirixido por Caxete, vai cantar a misa no día de Santa Ana.
-O título de Interese Turístico Galego, ¿repercutirá na festa da merluza?
-Aínda está todo moi recente, estámonos estreando. Quizáis este ano non repercuta moito, pero todas as festas gastronómicas con título teñen máis publicidade. É un aliciente turístico.
-¿Cantos quilos de pescada se encargan para esta edición?
-Uns 600, como case tódolos anos. O único que cambiou ao longo do tempo foi a localización, xa que se fai na lonxa vella.
-Este ano coincide coa Festa do Percebe de Xove...
-Non se trata de competir, aquí sempre se fixo nas mesmas datas excepto o ano pasado por problemas técnicos. Organízase con boa intención. Parece que non se mira o calendario.