
O pasado venres, o vídeo Eu digo, elaborado por un grupo de alumnos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo coordinados polo profesor Suso Fernandez Acevedo e coa colaboración de Tania Fernandez Faílde ?que se encargou da montaxe?, acadadara en catro días 7.400 visitas. La Voz de Galicia fíxose eco do traballo, unha resposta solidaria e complice ao vídeo Ghalegho, de alumnos de Ribeira, no que se defendía o modo de falar da zona do Barbanza. Os de Ribadeo, con Eu digo, tamén se amosan orgullosos da súa fala, e de todas as variantes do galego. Pois ben, a nova publicada pola Voz foi unha das máis lidas do día, e coa axuda que supuxo colgar o vídeo na web do xornal, ao rematar o sábado xa superaba as 18.000 visitas. E a cifra segue medrando.