Mondoñedo acolle hoxe un encontro de alcaldes polo Cambio Climático e a Enerxía

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

PEPA LOSADA

Ás 11.00 da mañá, no centro comarcal

12 nov 2019 . Actualizado a las 09:45 h.

O Centro Comarcal de Mondoñedo acolle hoxe pola mañá a xornada de presentación e seguimento do proxecto «Pacto dos Alcaldes polo Cambio Climático e a Enerxía».

No acto intervirán a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, María Cruz Ferreira Costa.

Está previsto que asistan a este encontro alcaldes e alcaldesas da Mariña, da provincia de Lugo e tamén de Ferrolterra, como en anteriores citas.

O encontro comezará ás 11 da mañá no Centro Comarcal de Mondoñedo, tal como se indicou anteriormente. Afondarase nos compromisos por parte dos representantes políticos á hora de tomar medidas polo Cambio Climático e a Enerxía, compromisos que xa se abordaron con anterioridade e de adopción de medidas para frear ou previr os cambios.