«Imos poñer unha lonxa na páxina web para subastar á baixa unha camiseta diaria»

AROUSA

13 nov 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Logo de tres anos levando polo mundo o nome de Arousa e Galicia en forma de camisolas, o universo Caramuxo de Quintáns, Rayo e Marisol baixa a terra e abre unha tenda propia en Vilagarcía. A parte de Vilaxoán do negocio resposta a un pequeno terceiro grao.

-Cante claro, ¿por que a tenda?

-Home, levamos tres anos vendendo bastante en tendas de toda Galiza, no Estado e mesmo en Lisboa. E, sobre todo, vendendo a través de Internet. Necesitabamos un punto físico para que o tema non fose tan virtual e estar presentes na terra.

-¿Cantos modelos teñen?

-Cincuenta modelos, para bebé, unisex, moza e sudadeiras.

-Moi ben, pois ¿que camisola me recomendaría para unha miña avoa?

- E ti de quen ves sendo? , que é o noso hit .

-Con tanta venda por Internet terán a súa clientela espallada toda.

-Si, vendemos en toda Galiza. Pero sobre todo vendemos unha chea para Cataluña, Canarias, Madrid, País Basco, nos sitios nos que hai bastantes emigrantes galegos.

-Aquí vemos a Loli, a dependenta, ¿pero por que non sae Marisol na foto?

-Porque non quixo, anda enleada cuns temas de informática.

-Vale, veña ese enderezo informático, que a xente o saiba.

-www.caramuxo.com. Axiña poñeremos en marcha unha lonxa para subastar á baixa unha camiseta diaria.