O xogador do Club Xadrez Fontecarmoa gaña as súas dúas primeiras partidas, e aparace empatado no alto da táboa con oito rivais
29 jul 2015 . Actualizado a las 05:05 h.O xogador sanxenxino do C.X. Fontecarmoa Julio Suárez e o seu compañeiro de club Lucas Abalo, ambos Mestres FIDE, compiten desde o luns na localidade granadina de Salobreña no Campionato de España Sub-18, nos postos de saída segundo e terceiro por ránking. Unha cita na que o primeiro defende a condición de gañador da pasada edición, no mesmo escenario.
E no arrinque do campionato Julio está a probar que vai polo seu segundo título consecutivo. Gañando na primeira rolda con suma facilidade o vasco Aritz Abalia Patiño na mesa 2, con Lucas facendo o propio a costa do castelán-leonés Guillermo Santos Martínez na mesa 3.
Na segunda rolda Julio superou o catalán Maxim Ventura, un xadrecista que sempre figura nas quinielas polo título, pese á partida practicamente sen erros do seu rival. Lucas, pola contra, pagou as súas imprecisións cando o duelo coa catalá Galla García-Castany semellaba decantarse ao seu favor, quedándose co punto da partida inicial.
Julio, que vén de acadar a súa primeira norma coma Mestre Internacional no Open de Benasque, colidera a clasificación provisional xunto cos outros oito competidores dos 102 inscritos que contan as súas partidas por vitorias.