O acto terá lugar na rotonda de Cimadevila mañá pola tarde
16 ago 2012 . Actualizado a las 21:17 h.Como cada ano, a rotonda de Cimadevila, na entrada á localidade boirense, será escenario da homenaxe aos veciños do municipio represaliados que se leva a cabo cada ano con motivo do Día da Galiza Mártir. Agustín Horta Resúa é o nome que se sumará aos gravados no monumento situado no inicio da rúa Principal.
Agustín Horta era natural da parroquia de Bealo e tiña 26 anos cando foi paseado e executado no lugar do Confurco. Morreu o 21 de novembro de 1936 porque se negou a delatar ao seu irmán Celestino. O acto de homenaxe será mañá a partir das 20.30 horas.