Porto do Son pon en marcha outro obradoiro de teatro para mulleres

Noia / La Voz

BARBANZA

22 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O concelleiro de Servizos Sociais de Porto do Son vén de presentar unha nova edición do obradoiro de teatro para mulleres, cuxa primeira parte se desenvolveu o pasado mes de novembro.

Os obxectivos da actividade, aberta a veciñas do municipio maiores de idade, son o autocoñecemento, ofrecer un espazo para o desenvolvemento persoal e ensinar ás participantes ferramentas para a expresión dramática e corporal. As sesións comezarán a primeiros de marzo e rematarán en maio.