O BNG sonense convoca unha asemblea aberta á cidadanía

M.G. NOIA

BARBANZA

A reunión será mañá pola tarde no concello vello de Porto do Son

08 oct 2014 . Actualizado a las 12:06 h.

Ao igual que xa teñen feito outras agrupacións locais do BNG, os nacionalistas de Porto do Son tamén convocaron unha asemblea aberta á cidadanía que se vai celebrar mañá, ás 20.30 horas, no antigo concello sonense, edificio que hoxe alberga o centro de interpretación do castro de Baroña. O obxectivo deste encontro é recoller ideas, opinións e propostas e abrir un debate «para construír o futuro do noso concello e do noso país porque é o momento de sumar esforzos».