1. O seu mellor momento para a lectura. As tardes, ante unha luz natural.
2. Criterios que segue para a escolla dun libro. As críticas, recomendacións e lecturas do club de lectura María Mariño, do cal formo parte.
3. Que lle achega a lectura? Conectar con outras vidas ou culturas. Momentos de desconexión e diversión.
4. Os seus libros favoritos. El mundo patas arriba, de Eduardo Galeano; León el africano, de Amin Maalouf; Adiós, luz de verano, de Jorge Semprún.
5. Un xénero literario. A novela, pero tamén libros de viaxes ou ensaios.
6. Un personaxe e un espazo literario. O protagonista de Montedidio, de Erri de Luca, e ese barrio de Nápoles, do mesmo libro.
7. Que está a ler agora? Transición, de Pablo Fernández Barba, e Hammerstein o el tesón, de Hans Magnus Enzensberger.
8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Rosalía de Castro e Almudena Grandes.
9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Estou en varios grupos para a recuperación das nosas tradicións: Pon un Sancosmeiro, Feira de San Marcos e Reviradas.
10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. A cova de Fonforrón, en Porto do Son