Tamén haber unha charla a cargo de Xosé María Álvarez Cáccamo
21 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Mañá • Casa de cultura de Noia • 18.30 horas • Santa María A Nova, O Curro, O Tapal, A Tasca Típica e a Alameda son algúns dos lugares polos que descorrerá o roteiro que organizou para mañá a Concellería de Cultura de Noia. Trátase de recunchos vinculados a Antón Avilés de Taramancos, escritor ao que se homenaxeará coincidindo co aniversario do seu falecemento. Posteriormente, ao redor das oito, Xosé María Álvarez Cáccamo tomará a palabra na casa de cultura da vila para facer un percorrido pola obra literaria do autor.
A xornada culminará cun coloquio no que, ademais de Cáccamo, teñen confirmada a súa asistencia a mestra Ana Blanco e a ex concelleira Francisca Castro.