Petardos

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Muralla romana de Astorga, con el palacios episcopal a la derecha, obra de Gaudí
Muralla romana de Astorga, con el palacios episcopal a la derecha, obra de Gaudí SUSO VARELA

09 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

capacidade que temos os arquitectos de emocionar e de facer máis alegre e doada a vida aos cidadáns depende de moitos factores. O primeiro é ter clientes que se deixen emocionar e sintan os espazos e a luz que os bos arquitectos van poñer nas súas vidas. Se o cliente ten ideas preconcibidas e deformadas pola contorna na que se move, pouco pode facer o seu arquitecto por mellorar a súa calidade de vida, se o arquitecto non é quen de crear emocións, por moi bo cliente que teña pouco vai conseguir.

Outro factor que pode incidir na calidade espacial dunha vivenda é a normalización que impoñen ás veces as normativas, tamén a pouca flexibilidade que os técnicos municipais teñan á hora de valorar un proxecto. Pero, sen dúbida, o que afecta á capacidade dos arquitectos de emocionar e de crear é a cantidade de metralla normativa e, ás veces burlesca, que nos impón o corpo xurídico creado para construír na actualidade, e ás veces, os petardos que nos encontramos nos lugares tristes polos que ten que pasar un fogar.

O rexistro da propiedade ou a propia notaría pódennos esixir mecanismos estandarizados de nomear as cousas e de describilas que nos fan perder un tempo valiosísimo para a creación. Tempos perdidos que deixamos de soñar para crear un mundo mellor.

Todo ten a súa orixe nos despachos, non só destes profesionais, senón dos parlamentos, onde se decide como deben facerse as cousas. Gaudí non tiña tantas pegas para crear o legado que nos deixou. Necesitamos unha figura intermedia, aséptica, e debe interpretar a arte e convertela en documentos que non entendan de emocións